A CREACIÓN DUN BLOG
A información que atopamos en http://www.totemguard.com/aulatotem/2011/12/docente-8-motivos-para-crear-tu-blog-en-2012
nos vén a abrir un abanico de posibilidades de traballo que fan a nosa práctica
docente máis interactiva e atractiva para nós e para o resto da comunidade
educativa.
Hoxe, vindo as posibilidades de interacción
que nos abren os blogs, considero prioritario para o departamento de orientación
a creación de varios blogs (para familias, alumnos, profesorado, orientadores,
...) e así dar atención e resposta á comunidade educativa do centro ao tempo
que se abre unha canle de traballo colaborativo cos resto dos profesionais que
se dedican á orientación.
Considero esta ferramenta da Web 2.0 como unha
das que máis se axustan á nova ruta por onde debe circular a educación hoxe en
día.
A posibilidade de chegar ás familias e ter
unha canle de comunicación fluída e rápida fai que nos renda máis o tempo no
departamento.
Respecto dos alumnos utilizar esta ferramenta
nos achega a eles en calquera situación e momento. A utilización do blog fai que
poñamos en disposición dos alumnos o desenvolvemento das súas competencias: dixitais
e tratamento da información, da
competencia para a autonomía e iniciativa persoal e competencia en comunicación
lingüística, por citar as que máis directamente están relacionadas co uso dos
blogs.
No hay comentarios:
Publicar un comentario