Atópome diante dun artigo que desmenuza unha por unha as vantaxes que aporta o blog ao departamento de orientación, entre outros:
- Proporciona ferramentas e información ao alumnado e familias.
- Contínua actualización da información que se facilita.
- Lugar onde poden ter os orientadores os recursos, ferramentas, documentos, páxinas web, ... que se utiliza con máis frecuencia, evitando así a perda de tempo buscando na Web.
- Obtención de información doutros blogs relacionados coa orientación utilizando para elo o correo electrónico ou as fontes RSS. Desta forma teriamos puntualmente información sen perda de tempo por nós na súa procura.
- Canle co profesorado para manter comunicación e información relevante que as veces é imposible achegar nunha reunión por falta de tempo. Proporcionase entre outros documentos informativos e cuestionarios referidos á convivencia, uso das redes sociais, signos para detectar o acoso escolar, alumnos con altas capacidades, Down, Asperger, TEA, ...
Non deixa de por en cada apartado a relevancia do uso do blog para a orientación, así quere salientar que o blog é un recurso que está en continua revisión, é un elemento dinámico onde revisamos a información que publicamos nel buscando así a súa mellora. Sempre se descubrirá novos contidos a aportar aos documentos que xa temos publicados, novas perspectivas e visións, novas páxinas Web con información relevante sobre temas de convivencia, valores, etc. É aquí onde entra a importancia do traballo colaborativo que temos que intentar propiciar e animar. Podemos dar permisos a outros orientadores e/ou profesores para que poidan aportar o seu traballo ao noso blog. Con isto conseguimos máis tempo para dedicar a outros asuntos do departamento pois o blog é un grande facilitador do tempo, á larga o departamento gaña tempo para poder intervir noutros temas.
Para concluír direi que aos orientadores coa chegada da Web 2.0 e as súas aplicacións, neste caso o blog, abríusenos un mundo de posibilidades de enriquecer o noso traballo e polo tanto de por en beneficio noso e de toda a comunidade ferramentas novas para chegar doutra forma á construcción do coñecemento. Os orientadores en particular e o profesorado en xeneral temos no blog unha ferramenta que potencia moitísimo a aprendizaxe do alumnado e en concreto lles axuda a desenvolver a comptencia de aprender a aprender.
No hay comentarios:
Publicar un comentario