Para dar unha visión da importancia das TIC na educación escollín na ligazón http://www.mister-wong.es/user/ticdo/orientaci%C3%B3n_tic/
A Web dun
portal de orientación educativa de educación secundaria da "Consejería de Educación de Murcia" que se atopa na URL
Atopamos
aquí unas aportacións sobre os recursos das novas tecnoloxías aplicadas aos
procesos de orientación educativa baixo o título: “Las nuevas tecnologías
aplicadas a los procesos de orientación educativa” de JULIO CABERO ALMENARA en BERMEJO,
B. y RODRÍGUEZ, J. (dirs) (2003): La orientación educativa y la acción tutorial
en enseñanza secundaria, Sevilla, GID, ISBN 84-932108-8-9.
Julio
Cabero Almenara, profesor da universidade de Sevilla, parte dunha verdade que
non ten discusión, as TIC entraron de cheo en todos os sectores e por suposto no
educativo onde penetrou en todas as
etapas educativas e áreas de coñecemento. Pero é no ámbito da orientación
educativa onde quizás foi máis lenta esta andadura mais nestes momentos os
profesionais da orientación están envoltos nunca cruzada por implementar as
ferramentas que ofrecen a Web 2.0 para realizar o seu quehacer diario. Ferramentas
que permiten poñer diante dos profesores, materiais educativos propios para a
orientación e información do alumnado, as familias e os compañeiros docentes.
As TIC teñen o seu principal
argumento cando son utilizadas para informar ao alumnado (orientándoo académica
e profesionalmente), para levar a acción titorial adiante e darlle soporte ao
profesorado, para servir de canle informativo para as familias, tamén como
ferramentas para a formación e información dos propios orientadores e como
ferramenta de xestión do propio departamento de orientación.
Julio Cabero desgrana como foron
introducíndose as TIC no tempo no sector educativo e sobre todo na labor
orientadora, inicialmente coa utilización do vídeo para pasar aos materiais
multimedia e finalmente a internet. Dedica un apartado extenso ao uso dos
multimedia para a información escolar, académica e profesional, pasando despois
a dedicarlle unha especial atención á aparición de internet cos portais de
orientación e as ferramentas como o correo electrónico e a videoconferencia
para asesorar individual ou colectivamente.
Pasa tamén polas posibilidades das
TIC como o diagnóstico e autodiagnóstico do alumnado.
A formación dos orientadores é
outras das utilidades e potencialidades das TIC a través dos cursos “on line”
que permiten aforrar tempo e custos de desplazamento e permiten ao orientador
formarse en centros afastados do seu lugar de traballo e familiar.
En definitiva que as TIC viñeron
a instalarse, aínda que cun certo atraso, no eido orientador da educación para
facilitar a nosa labor e para facernos chegar máis lonxe con recursos moi
accesibles hoxe día (so necesitamos un PC e unha conexión a internet), e cun
mellor acceso á información e mesmo á formación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario