O primeiro Blog o podemos atopar en
Este é un blog que vale para todo, desde o seu
cometido primordial que é o de manter unha canle aberta de información e acceso
a recursos por parte da comunidade educativa, ata reivindicacións profesionais,
festexos varios, chistes, etc. En realidade os responsables deste blog teñen
unha idea moi particular do uso que se lle debe dar a o blog do departamento de
orientación, certo é que cada quen dálle a utilidade que cre conveniente á súa
ferramenta de traballo (neste caso o blog do departamento de orientación) pero
non é a idea que eu persoalmente teño para un blog de orientación educativa.
O autor ou autores deste blog, indican na súa
portada “que o blog sexa un medio de participación, colaboración e apoio
mutuo...”, mais considero que entón debería ser un blog xeneralista e non un
Blog específico de orientación.
A pesar do mencionado é de recoñecer que ten
unha extensa relación de enlaces para conseguir recursos e información.
O segundo blog o podemos atopar en
Neste blog o Departamento de Orientación do CPI de Paxón
a través do seu blog ofrece a toda a comunidade educativa unha grande e variada
ferramenta de información e de recursos tanto para os profesorado como para as
familias e alumnos de 3º e 4º da ESO.
A autora do Blog, Amparo Toral, organizou todas
as páxinas e recursos facilitados agrupándoas en etiquetas que describen o
contido das mesmas segundo a temática que tratan, isto nos serve a modo dunha
grande biblioteca onde temos todas as páxinas Web organizadas para o momento en
que desexemos atopar unha delas.
A verdade é que fronte a etiquetas moi
clarificadora polo seu nome, para cada membro da comunidade educativa, onde
cada sector sabe que alí hai unicamente información para eles, por exemplo:
Familias, Recursos Profesorado, Alumnos 3º ESO, ..., outras etiquetas non o son
tanto para todos (si para o sector do profesorado que coñece de todos estes
temas), estou a falar das etiquetas: TDAH, Intelixencias múltiples, ...; pero
isto que menciono non deixa de ser unha apreciación máis das moitísimas que
haberá de como organizar a información.
Para rematar este breve artigo quero
manifestar que Amparo Toural fixo un traballo exhaustivo para aportar unha
morea de recursos para o profesorado, e ademais abundante información sobre
multitude de temas que interveñen no quefacer diario en educación. Ás familias
as ten informadas sobre variados temas de axuda aos seus fillos no caso de
separacións, dos problemas con adolescentes, para axuda ao estudo dos fillos,
... E este traballo se ve rematado coa achega ao alumnado de 3º e 4º da ESO de
información sobre a continuación dos estudos, optativas,... Este sector, o de
alumnos, é con diferencia o que menos información e recursos ten ao seu
alcance, sería pois unha tarefa a levar adiante neste blog o de intentar nivelar este sector respecto dos outros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario