viernes, 30 de marzo de 2012

O BLOG COMO FERRAMENTA DE ORIENTACIÓN

O artigo de Mª CARMEN DELGADO LENGUÍNEZ paréceme que vén a aportar, un grao máis na idea do uso dos blogs como ferramenta dinamizadora dos departamentos de orientación.
Atópome diante dun artigo que desmenuza unha por unha as vantaxes que aporta o blog ao departamento de orientación, entre outros:
  • Proporciona ferramentas e información ao alumnado e familias.
  • Contínua actualización da información que se facilita.
  • Lugar onde poden ter os orientadores os recursos, ferramentas, documentos, páxinas web, ... que se utiliza con máis frecuencia, evitando así a perda de tempo buscando na Web.
  • Obtención de información doutros blogs relacionados coa orientación utilizando para elo o correo electrónico ou as fontes RSS. Desta forma teriamos puntualmente información sen perda de tempo por nós na súa procura.
  • Canle co profesorado para manter comunicación e información relevante que as veces é imposible achegar nunha reunión por falta de tempo. Proporcionase entre outros documentos informativos e cuestionarios referidos á convivencia, uso das redes sociais, signos para detectar o acoso escolar, alumnos con altas capacidades, Down, Asperger, TEA, ...
Tamén fai referencia á organización da información que aparece nun blog, indicando que esta será por categorías e etiquetas. As categorías corresponderán aos contidos do mesmo: infantil, primaria, familias, profesorado, alumnado, materiais, ... Mentres que as etiquetas serán organizadas segundoa importancia das mesmas. Sen esquecer mencionar que se pode ter páxinas web estáticas con información relevante para todos os sectores onde poderán atopar os documentos importantes para eles.

Non deixa de por en cada apartado a relevancia do uso do blog para a orientación, así quere salientar que o blog é un recurso que está en continua revisión, é un elemento dinámico onde revisamos a información que publicamos nel buscando así a súa mellora. Sempre se descubrirá novos contidos a aportar aos documentos que xa temos publicados, novas perspectivas e visións, novas páxinas Web con información relevante sobre temas de convivencia, valores, etc. É aquí onde entra a importancia do traballo colaborativo que temos que intentar propiciar e animar. Podemos dar permisos a outros orientadores e/ou profesores para que poidan aportar o seu traballo ao noso blog. Con isto conseguimos máis tempo para dedicar a outros asuntos do departamento pois o blog é un grande facilitador do tempo, á larga o departamento gaña tempo para poder intervir noutros temas.

Para concluír direi que aos orientadores coa chegada da Web 2.0 e as súas aplicacións, neste caso o blog, abríusenos un mundo de posibilidades de enriquecer o noso traballo e polo tanto de por en beneficio noso e de toda a comunidade ferramentas novas para chegar doutra forma á construcción do coñecemento. Os orientadores en particular e o profesorado en xeneral temos no blog unha ferramenta que potencia moitísimo a aprendizaxe do alumnado e en concreto lles axuda a desenvolver a comptencia de aprender a aprender.

No hay comentarios:

Publicar un comentario