sábado, 28 de abril de 2012

O VALOR EDUCATIVO DOS BLOGS.

Paréceme interesante incidir no valor educativo dos blogs, para isto traio aquí un traballo de ALEJANDRO VALERO que considero aporta moita claridade sobre o tema. No seu traballo Alejandro aborda desde a utilidade dos blogs, pasando polo seu uso, a súa creación, configuración e deseño, ata a elaboración de actividades multimedia, sendo aquí onde reside a maior carga educativa desta ferramenta.

viernes, 27 de abril de 2012

O VALOR DUN WIKI PARA COMPARTIR E CREAR COÑECEMENTO NA WEB.

A palabra wiki da nome a un sofware que nos permite crear unha Web para a elaboración de contido de forma colaborativa. Desde unha visión máis sinxela sería un sistema de creación, intercambio e revisión de información na web, de maneira fácil e automática. Un bo exemplo para facernos unha idea ampla dun wiki é a enciclopedia denominada Wikipedia (2001), a cal hoxe aglutina máis dun millón de artígos en Inglés dos cales 100,000 son en español. Esta enciclopedia permite aos usuarios ter acceso e modificar os seus contidos. En síntese podería dicir que un Wiki nos sirve para crear páxinas web de xeito rápido, dándonos aos que no temos coñecementos de programación a posibilidade de incorporar de forma moi sinxela contenido, enlaces, etc. A finalidade dun wiki é permitir que varios usuarios compartan unha páxina Web para un tema de interese para eles e que cada un destes usuarios aporten os coñecementos que queiran enriquecendo a páxina. UNHA FORMA SINXELA DE ENTENDER A FUNCIONALIDADE DUN WIKI.

sábado, 21 de abril de 2012

TÉCNICAS DE ESTUDO


Sobre a páxina que nos trae o marcador social Mister Wong 

A URL escollida para comentar é ado blog

Este blog aborda en profundidade as técnicas de estudo que debe dominar un estudante para poder afrontar con éxito o seu traballo académico e incluso diría que profesional.
Tamén é importante indicar que este blog quedou sen actividade en outubro de 2010, pero a información que nos ofrece aborda con amplitude a información, que podemos manexar desde o departamento de orientación, podendo facela extensiva ao noso alumnado e ás familias.
Entre a moita información que nos aporta pódese destacar:

Pero é certo que son moitos máis os temas informativos de orientacións, e aspectos a considerar cando un alumno se afronta ao estudo, que non están relacionados aquí.
Un feito a considerar é o descoñecemento da identidade do autor deste blog, algo que deixa una certa inquedanza sobre o rigor dos temas tratados aínda que da lectura dalgúns se desprende que non é así.

Páxina que considero se pode recomendar ao alumnado e familias dentro da constante información para este sector.

IMPORTANCIA DAS TIC NA EDUCACIÓN


Para dar unha visión da importancia das TIC na educación escollín na ligazón  http://www.mister-wong.es/user/ticdo/orientaci%C3%B3n_tic/


Atopamos aquí unas aportacións sobre os recursos das novas tecnoloxías aplicadas aos procesos de orientación educativa baixo o título: “Las nuevas tecnologías aplicadas a los procesos de orientación educativa” de JULIO CABERO ALMENARA en BERMEJO, B. y RODRÍGUEZ, J. (dirs) (2003): La orientación educativa y la acción tutorial en enseñanza secundaria, Sevilla, GID, ISBN 84-932108-8-9.

Julio Cabero Almenara, profesor da universidade de Sevilla, parte dunha verdade que non ten discusión, as TIC entraron de cheo en todos os sectores e por suposto no  educativo onde penetrou en todas as etapas educativas e áreas de coñecemento. Pero é no ámbito da orientación educativa onde quizás foi máis lenta esta andadura mais nestes momentos os profesionais da orientación están envoltos nunca cruzada por implementar as ferramentas que ofrecen a Web 2.0 para realizar o seu quehacer diario. Ferramentas que permiten poñer diante dos profesores, materiais educativos propios para a orientación e información do alumnado, as familias e os compañeiros docentes.
As TIC teñen o seu principal argumento cando son utilizadas para informar ao alumnado (orientándoo académica e profesionalmente), para levar a acción titorial adiante e darlle soporte ao profesorado, para servir de canle informativo para as familias, tamén como ferramentas para a formación e información dos propios orientadores e como ferramenta de xestión do propio departamento de orientación.
Julio Cabero desgrana como foron introducíndose as TIC no tempo no sector educativo e sobre todo na labor orientadora, inicialmente coa utilización do vídeo para pasar aos materiais multimedia e finalmente a internet. Dedica un apartado extenso ao uso dos multimedia para a información escolar, académica e profesional, pasando despois a dedicarlle unha especial atención á aparición de internet cos portais de orientación e as ferramentas como o correo electrónico e a videoconferencia para asesorar individual ou colectivamente.
Pasa tamén polas posibilidades das TIC como o diagnóstico e autodiagnóstico do alumnado.
A formación dos orientadores é outras das utilidades e potencialidades das TIC a través dos cursos “on line” que permiten aforrar tempo e custos de desplazamento e permiten ao orientador formarse en centros afastados do seu lugar de traballo e familiar.
En definitiva que as TIC viñeron a instalarse, aínda que cun certo atraso, no eido orientador da educación para facilitar a nosa labor e para facernos chegar máis lonxe con recursos moi accesibles hoxe día (so necesitamos un PC e unha conexión a internet), e cun mellor acceso á información e mesmo á formación.

UTILIDADE DOS BLOGS PARA A COMUNIDADE EDUCATIVA

Na Web 2.0 cada vez está máis extendido o uso dos Blogs e neste artigo paso a amosar dous blogs de departamentos de orientación de centros educativos para ver distintos enfoques dos autores.

O primeiro Blog o podemos atopar en 

Este é un blog que vale para todo, desde o seu cometido primordial que é o de manter unha canle aberta de información e acceso a recursos por parte da comunidade educativa, ata reivindicacións profesionais, festexos varios, chistes, etc. En realidade os responsables deste blog teñen unha idea moi particular do uso que se lle debe dar a o blog do departamento de orientación, certo é que cada quen dálle a utilidade que cre conveniente á súa ferramenta de traballo (neste caso o blog do departamento de orientación) pero non é a idea que eu persoalmente teño para un blog de orientación educativa.
O autor ou autores deste blog, indican na súa portada “que o blog sexa un medio de participación, colaboración e apoio mutuo...”, mais considero que entón debería ser un blog xeneralista e non un Blog específico de orientación.
A pesar do mencionado é de recoñecer que ten unha extensa relación de enlaces para conseguir recursos e información.

O segundo blog o podemos atopar en 

Neste blog o Departamento de Orientación do CPI de Paxón a través do seu blog ofrece a toda a comunidade educativa unha grande e variada ferramenta de información e de recursos tanto para os profesorado como para as familias e alumnos de 3º e 4º da ESO.
A autora do Blog, Amparo Toral, organizou todas as páxinas e recursos facilitados agrupándoas en etiquetas que describen o contido das mesmas segundo a temática que tratan, isto nos serve a modo dunha grande biblioteca onde temos todas as páxinas Web organizadas para o momento en que desexemos atopar unha delas.
A verdade é que fronte a etiquetas moi clarificadora polo seu nome, para cada membro da comunidade educativa, onde cada sector sabe que alí hai unicamente información para eles, por exemplo: Familias, Recursos Profesorado, Alumnos 3º ESO, ..., outras etiquetas non o son tanto para todos (si para o sector do profesorado que coñece de todos estes temas), estou a falar das etiquetas: TDAH, Intelixencias múltiples, ...; pero isto que menciono non deixa de ser unha apreciación máis das moitísimas que haberá de como organizar a información.
Para rematar este breve artigo quero manifestar que Amparo Toural fixo un traballo exhaustivo para aportar unha morea de recursos para o profesorado, e ademais abundante información sobre multitude de temas que interveñen no quefacer diario en educación. Ás familias as ten informadas sobre variados temas de axuda aos seus fillos no caso de separacións, dos problemas con adolescentes, para axuda ao estudo dos fillos, ... E este traballo se ve rematado coa achega ao alumnado de 3º e 4º da ESO de información sobre a continuación dos estudos, optativas,... Este sector, o de alumnos, é con diferencia o que menos información e recursos ten ao seu alcance, sería pois unha tarefa a levar adiante neste blog o de intentar nivelar este sector respecto dos outros.


lunes, 16 de abril de 2012

domingo, 15 de abril de 2012

UNHA RESPOSTA MÁIS EN FAVOR DE INTEGRAR AOS NENOS CON TEA

DEMORA NO DIAGNÓSTICO DOS TRASTORNOS DO ESPECTRO AUTISTA.

Publicación extraida dos documentos do "Grupo de Estudio de los Trastornos del Espectro Autista del Instituto de Investigación de Enfermedades Raras". Instituto de Salud Carlos III.

OS TICS DO SÍNDROME DE TOURETTE NON SON MANÍAS.

Diana Vasermanas PSICOLOGA CLINICA : "Los tics de Tourette no son manías" ( El Periódico de Aragón - 17/12/2003 )

AUTISMO: TEORÍA DE LA MENTE

Manual de La Teoría de la Mente para niños con Autismo.

La conducta humana es extraordinariamente compleja y única, tan solo podemos encontrar símiles entre algunos primates. Nuestra conducta está íntimamente ligada al modelo social que durante el proceso de evolución hemos desarrollado, y esta conducta social es la que posibilita la interacción y el desarrollo humano. Uno de los aspectos relacionados con el modelo cognitivo de los seres humanos está directamente relacionado con un complejo modelo de empatía social, de la capacidad de interpretar y/o predecir los pensamientos y deseos, emociones o incluso los engaños del otro de forma consciente. Esta capacidad se denomina “La Teoría de la Mente”.

 

Ficha Técnica:

Manual de La Teoría de la Mente para niños con Autismo
Las personas percibimos, sentimos, pensamos o creemos distinto.
Textos y ejercicios de Anabel Cornago
Pictogramas de Maite Navarro
Ilustraciones de Fátima Collado
ISBN: 978-84-938410-7-2
PVP: 25.00 € (Precio de lanzamiento)
Contenido:
Libro. 340 Páginas. Tamaño 21×29,7 cm
Cd. con el contenido y materiales extra en Color.

sábado, 14 de abril de 2012

ESTAMOS ENSINANDO DIFERENTE A COMO O FACÍAMOS NO SÉCULO VINTE?

OS ALUMNOS SE ABURREN NAS CLASES, MÁIS DO 50% DO PROFESORADO SEGUE ENSINANDO COMO O FACÍAN OS PROFESORES QUE LLES ENSINARON A ELES.

viernes, 13 de abril de 2012

COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA NAS DIFERENTES ÁREAS E MATERIAS

V CONGRESO REGIONAL DE EDUCACIÓN DE CANTABRIA. AS COMPETENCIAS BÁSICAS: QUE, POR QUE E COMO?

OITO TIPOS DE APRENDIZAXES

OITO TIPOS DE APRENDIZAXES ao alcance da maioría da poboación que deben telas adquiridas todas as persoas cando rematan a súa escolaridade obrigatoria, que teñen que ser común a moitos ámbitos da vida e que teñen que axudar a seguir aprendendo ao longo de toda a vida.

O PROFESOR COMPETENTE. QUE PRECISA PARA SELO?

CONFERENCIA DE MIGUEL ÁNGEL ZABALZA SOBRE O PROFESOR UNIVERSITARIO COMPETENTE. Esta conferencia aínda que está inscrita dentro da ensinanza universitaria aporta elementos básicos tamén para diferenciar a un mestre competente doutro que non o é. Moitos profesionais da educación infantil, primaria e secundaria consideran que a práxis que teñen pola súa experiencia lles dá un grado de mestres competentes, mais é preciso sinalar que a experiencia non é necesariamente sinónimo de competencia.

ACLARANDO QUE SON AS COMPETENCIAS: AS COMPETENCIAS BÁSICAS.

Conferencias de José Moya, Universidade de As Palmas, Coordinador do Proxecto Atlántida en Gran Canaria QUE ENTENDEMOS POR COMPETENCIA? PODEN AS COMPETENCIAS BÁSICAS MELLORAR O CURRÍCULO? PÓDESE ADQUIRIR UNHA COMPETENCIA NO ÁMBITO EDUCATIVO? COMO AVALIAMOS AS COMPETENCIAS? COMPETENCIAS BÁSICAS E COMPORTAMENTOS VINCULADOS ÁS COMPETENCIAS

miércoles, 11 de abril de 2012

AS PERSOAS AUTISTAS E A REAL ACADEMIA ESPAÑOLA DA LINGUA.

As familias de persoas autistas conseguiron o compromiso da RAE de incluír unha nova definición de autismo para o ano 2014. Da actual se eliminará que o síndrome esté caracterizado por "a incapacidade conxénita de establecer contacto verbal e afectivo coas persoas", xa que as familias lembran que o contacto e comunicación o manifestan de maneira especial cos seus fllos.
A proposta aceptada será: "Un trastorno do desenvolvemento que afecta á comunicación e á interacción social, caracterizado por patróns de comportamento restrinxidos, repetitivos e esteriotipados".  (Noticia aparecida na "Voz de Galicia o 20/02/2012 citando a fonte Madrid/EFE).

martes, 10 de abril de 2012

PLAN PROA (Programa de reforzo, orientación e apoio).

Os Presupostos de 2012 da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades. Manteñen 7 programas: entre eles O Plan PROA (Programas de Refuerzo, Orientación e Apoio) con maior dotación presupuestaria (60 millóns de euros). Programa concebido como un proxecto de cooperación territorial entre o Ministerio de Educación e as Comunidades Autónomas, e que pretende abordar as necesidades asociadas ao entorno sociocultural do alumnado mediante un conxunto de programas de apoio aos centros educativos: programas de acompañamiento e de reforzo escolar en primaria e en secundaria.

O CEIP Cruceiro de Canido solicitou participar, un curso máis, e durante este curso escolar 2011/2012 foi uns dos poucos centros seleccionados para desenvolver este programa entre os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º curso de primaria.

domingo, 8 de abril de 2012

CUESTIONARIO PARA SABER SI ES UN BO ESTUDANTE

Es un bo estudante? Seguramente pensarás que si pero aínda así te invito a comprobalo cubrindo o cuestionario que atoparás no enlace.

viernes, 6 de abril de 2012

O TDAH PRECISA UN BO DIAGNÓSTICO CLÍNICO.

O TDAH necesita dun bo diagnóstico clínico para abordar o trastorno con garantías de mellora.

QUE SABEMOS DO TDAH?

SENSIBILIDAD CON EL AUTISMO: EL 2 DE ABRIL DE 2012 DÍA MUNDIAL PARA LA CONCIENCIACIÓN DEL AUTISMO.

Naciones Unidas en la 76ª sesión plenaria de18 de diciembre de 2007 decide designar el 2 de abril Día Mundial de Concienciación sobre el Autismo, que se observará todos los años a partir de 2008.