sábado, 31 de marzo de 2012

O Blog como ferramenta na Orientación Educativa

Neste artigo Daniel Veiga Martínez nos achega unha experiencia educativa no seu IES  García Barbón de Verín (Ourense). A través de distintos apartados vai desgranando a importancia pedagóxica do uso do blog.
Informa, entre outros asuntos de especial relevancia para coñecer a potencialidade educativa do blog, da forma de obter información de xeito inmediato (sindicación de contidos por RSS).
Describe a esencia do blog: páxina Web sinxela que non ten custo algún para os usuarios que potencia a participación e interactividade dos blogeros e que posibilita coa sindicación de contido o acceso a información inmediatamente segundo vai entrando nos distintos blogs e páxinas Web.
Visto isto as posibilidades dos blogs no ámbito educativo son tan importantes, que podría dicir que hoxe é imprescindible a utilización dos blogs nos centros educativos como a mellor forma de chegar a adquisición de contidos e a xeneración de coñecemento.
Os blogs permiten a alfetización dixital do alumnado e profesorado, facilitan a aprendizaxe lectoescritoa do alumnado, potencian a súa autonomía para aprender e ao tempo fomentan a colaboración na aprendizaxe entre alumnado e profesorado, fomenta a creación de redes nas aulas e nos centros, conseguen que poidan organizar a información que transmiten e crean e son un potencial caderno de traballo virtual.
Ademais disto hai que mencionar que o que fai moi atractivo o uso dos blogs é a simpleza coa que se poden crear (BLOGIA), outra característica é a de organizar por temas a información que se coloca no blog.

viernes, 30 de marzo de 2012

O BLOG COMO FERRAMENTA DE ORIENTACIÓN

O artigo de Mª CARMEN DELGADO LENGUÍNEZ paréceme que vén a aportar, un grao máis na idea do uso dos blogs como ferramenta dinamizadora dos departamentos de orientación.
Atópome diante dun artigo que desmenuza unha por unha as vantaxes que aporta o blog ao departamento de orientación, entre outros:
  • Proporciona ferramentas e información ao alumnado e familias.
  • Contínua actualización da información que se facilita.
  • Lugar onde poden ter os orientadores os recursos, ferramentas, documentos, páxinas web, ... que se utiliza con máis frecuencia, evitando así a perda de tempo buscando na Web.
  • Obtención de información doutros blogs relacionados coa orientación utilizando para elo o correo electrónico ou as fontes RSS. Desta forma teriamos puntualmente información sen perda de tempo por nós na súa procura.
  • Canle co profesorado para manter comunicación e información relevante que as veces é imposible achegar nunha reunión por falta de tempo. Proporcionase entre outros documentos informativos e cuestionarios referidos á convivencia, uso das redes sociais, signos para detectar o acoso escolar, alumnos con altas capacidades, Down, Asperger, TEA, ...
Tamén fai referencia á organización da información que aparece nun blog, indicando que esta será por categorías e etiquetas. As categorías corresponderán aos contidos do mesmo: infantil, primaria, familias, profesorado, alumnado, materiais, ... Mentres que as etiquetas serán organizadas segundoa importancia das mesmas. Sen esquecer mencionar que se pode ter páxinas web estáticas con información relevante para todos os sectores onde poderán atopar os documentos importantes para eles.

Non deixa de por en cada apartado a relevancia do uso do blog para a orientación, así quere salientar que o blog é un recurso que está en continua revisión, é un elemento dinámico onde revisamos a información que publicamos nel buscando así a súa mellora. Sempre se descubrirá novos contidos a aportar aos documentos que xa temos publicados, novas perspectivas e visións, novas páxinas Web con información relevante sobre temas de convivencia, valores, etc. É aquí onde entra a importancia do traballo colaborativo que temos que intentar propiciar e animar. Podemos dar permisos a outros orientadores e/ou profesores para que poidan aportar o seu traballo ao noso blog. Con isto conseguimos máis tempo para dedicar a outros asuntos do departamento pois o blog é un grande facilitador do tempo, á larga o departamento gaña tempo para poder intervir noutros temas.

Para concluír direi que aos orientadores coa chegada da Web 2.0 e as súas aplicacións, neste caso o blog, abríusenos un mundo de posibilidades de enriquecer o noso traballo e polo tanto de por en beneficio noso e de toda a comunidade ferramentas novas para chegar doutra forma á construcción do coñecemento. Os orientadores en particular e o profesorado en xeneral temos no blog unha ferramenta que potencia moitísimo a aprendizaxe do alumnado e en concreto lles axuda a desenvolver a comptencia de aprender a aprender.

LIGAZÓNS DE INTERESE


 http://www.educacontic.es/blog/uso-del-blog-en-la-orientacion-academica-y-profesionalde-secundaria

http://es.scribd.com/doc/6854/O-Blog-como-ferramenta-na-Orientacion-Educativa

http://www.clave21.es/files/articulos/F12_BlogOrientacion.pdf 4.http://recursostic.educacion.es/blogs/buenaspracticas20/index.php/2009/12/12/orientandonos

http://www.totemguard.com/aulatotem/2011/12/docente-8-motivos-para-crear-tu-blog-en-2012

http://recursostic.educacion.es/observatorio/web/es/internet/recursos-online/528-monografico-blogs-en-la-educacion

A CREACIÓN DUN BLOG


A CREACIÓN DUN BLOG


A información que atopamos en http://www.totemguard.com/aulatotem/2011/12/docente-8-motivos-para-crear-tu-blog-en-2012 nos vén a abrir un abanico de posibilidades de traballo que fan a nosa práctica docente máis interactiva e atractiva para nós e para o resto da comunidade educativa.

Hoxe, vindo as posibilidades de interacción que nos abren os blogs, considero prioritario para o departamento de orientación a creación de varios blogs (para familias, alumnos, profesorado, orientadores, ...) e así dar atención e resposta á comunidade educativa do centro ao tempo que se abre unha canle de traballo colaborativo cos resto dos profesionais que se dedican á orientación.
Considero esta ferramenta da Web 2.0 como unha das que máis se axustan á nova ruta por onde debe circular a educación hoxe en día.
A posibilidade de chegar ás familias e ter unha canle de comunicación fluída e rápida fai que nos renda máis o tempo no departamento.
Respecto dos alumnos utilizar esta ferramenta nos achega a eles en calquera situación e momento. A utilización do blog fai que poñamos en disposición dos alumnos o desenvolvemento das súas competencias: dixitais e tratamento da información,  da competencia para a autonomía e iniciativa persoal e competencia en comunicación lingüística, por citar as que máis directamente están relacionadas co uso dos blogs.