sábado, 21 de abril de 2012

IMPORTANCIA DAS TIC NA EDUCACIÓN


Para dar unha visión da importancia das TIC na educación escollín na ligazón  http://www.mister-wong.es/user/ticdo/orientaci%C3%B3n_tic/


Atopamos aquí unas aportacións sobre os recursos das novas tecnoloxías aplicadas aos procesos de orientación educativa baixo o título: “Las nuevas tecnologías aplicadas a los procesos de orientación educativa” de JULIO CABERO ALMENARA en BERMEJO, B. y RODRÍGUEZ, J. (dirs) (2003): La orientación educativa y la acción tutorial en enseñanza secundaria, Sevilla, GID, ISBN 84-932108-8-9.

Julio Cabero Almenara, profesor da universidade de Sevilla, parte dunha verdade que non ten discusión, as TIC entraron de cheo en todos os sectores e por suposto no  educativo onde penetrou en todas as etapas educativas e áreas de coñecemento. Pero é no ámbito da orientación educativa onde quizás foi máis lenta esta andadura mais nestes momentos os profesionais da orientación están envoltos nunca cruzada por implementar as ferramentas que ofrecen a Web 2.0 para realizar o seu quehacer diario. Ferramentas que permiten poñer diante dos profesores, materiais educativos propios para a orientación e información do alumnado, as familias e os compañeiros docentes.
As TIC teñen o seu principal argumento cando son utilizadas para informar ao alumnado (orientándoo académica e profesionalmente), para levar a acción titorial adiante e darlle soporte ao profesorado, para servir de canle informativo para as familias, tamén como ferramentas para a formación e información dos propios orientadores e como ferramenta de xestión do propio departamento de orientación.
Julio Cabero desgrana como foron introducíndose as TIC no tempo no sector educativo e sobre todo na labor orientadora, inicialmente coa utilización do vídeo para pasar aos materiais multimedia e finalmente a internet. Dedica un apartado extenso ao uso dos multimedia para a información escolar, académica e profesional, pasando despois a dedicarlle unha especial atención á aparición de internet cos portais de orientación e as ferramentas como o correo electrónico e a videoconferencia para asesorar individual ou colectivamente.
Pasa tamén polas posibilidades das TIC como o diagnóstico e autodiagnóstico do alumnado.
A formación dos orientadores é outras das utilidades e potencialidades das TIC a través dos cursos “on line” que permiten aforrar tempo e custos de desplazamento e permiten ao orientador formarse en centros afastados do seu lugar de traballo e familiar.
En definitiva que as TIC viñeron a instalarse, aínda que cun certo atraso, no eido orientador da educación para facilitar a nosa labor e para facernos chegar máis lonxe con recursos moi accesibles hoxe día (so necesitamos un PC e unha conexión a internet), e cun mellor acceso á información e mesmo á formación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario