sábado, 21 de abril de 2012

UTILIDADE DOS BLOGS PARA A COMUNIDADE EDUCATIVA

Na Web 2.0 cada vez está máis extendido o uso dos Blogs e neste artigo paso a amosar dous blogs de departamentos de orientación de centros educativos para ver distintos enfoques dos autores.

O primeiro Blog o podemos atopar en 

Este é un blog que vale para todo, desde o seu cometido primordial que é o de manter unha canle aberta de información e acceso a recursos por parte da comunidade educativa, ata reivindicacións profesionais, festexos varios, chistes, etc. En realidade os responsables deste blog teñen unha idea moi particular do uso que se lle debe dar a o blog do departamento de orientación, certo é que cada quen dálle a utilidade que cre conveniente á súa ferramenta de traballo (neste caso o blog do departamento de orientación) pero non é a idea que eu persoalmente teño para un blog de orientación educativa.
O autor ou autores deste blog, indican na súa portada “que o blog sexa un medio de participación, colaboración e apoio mutuo...”, mais considero que entón debería ser un blog xeneralista e non un Blog específico de orientación.
A pesar do mencionado é de recoñecer que ten unha extensa relación de enlaces para conseguir recursos e información.

O segundo blog o podemos atopar en 

Neste blog o Departamento de Orientación do CPI de Paxón a través do seu blog ofrece a toda a comunidade educativa unha grande e variada ferramenta de información e de recursos tanto para os profesorado como para as familias e alumnos de 3º e 4º da ESO.
A autora do Blog, Amparo Toral, organizou todas as páxinas e recursos facilitados agrupándoas en etiquetas que describen o contido das mesmas segundo a temática que tratan, isto nos serve a modo dunha grande biblioteca onde temos todas as páxinas Web organizadas para o momento en que desexemos atopar unha delas.
A verdade é que fronte a etiquetas moi clarificadora polo seu nome, para cada membro da comunidade educativa, onde cada sector sabe que alí hai unicamente información para eles, por exemplo: Familias, Recursos Profesorado, Alumnos 3º ESO, ..., outras etiquetas non o son tanto para todos (si para o sector do profesorado que coñece de todos estes temas), estou a falar das etiquetas: TDAH, Intelixencias múltiples, ...; pero isto que menciono non deixa de ser unha apreciación máis das moitísimas que haberá de como organizar a información.
Para rematar este breve artigo quero manifestar que Amparo Toural fixo un traballo exhaustivo para aportar unha morea de recursos para o profesorado, e ademais abundante información sobre multitude de temas que interveñen no quefacer diario en educación. Ás familias as ten informadas sobre variados temas de axuda aos seus fillos no caso de separacións, dos problemas con adolescentes, para axuda ao estudo dos fillos, ... E este traballo se ve rematado coa achega ao alumnado de 3º e 4º da ESO de información sobre a continuación dos estudos, optativas,... Este sector, o de alumnos, é con diferencia o que menos información e recursos ten ao seu alcance, sería pois unha tarefa a levar adiante neste blog o de intentar nivelar este sector respecto dos outros.


No hay comentarios:

Publicar un comentario