viernes, 27 de abril de 2012

O VALOR DUN WIKI PARA COMPARTIR E CREAR COÑECEMENTO NA WEB.

A palabra wiki da nome a un sofware que nos permite crear unha Web para a elaboración de contido de forma colaborativa. Desde unha visión máis sinxela sería un sistema de creación, intercambio e revisión de información na web, de maneira fácil e automática. Un bo exemplo para facernos unha idea ampla dun wiki é a enciclopedia denominada Wikipedia (2001), a cal hoxe aglutina máis dun millón de artígos en Inglés dos cales 100,000 son en español. Esta enciclopedia permite aos usuarios ter acceso e modificar os seus contidos. En síntese podería dicir que un Wiki nos sirve para crear páxinas web de xeito rápido, dándonos aos que no temos coñecementos de programación a posibilidade de incorporar de forma moi sinxela contenido, enlaces, etc. A finalidade dun wiki é permitir que varios usuarios compartan unha páxina Web para un tema de interese para eles e que cada un destes usuarios aporten os coñecementos que queiran enriquecendo a páxina. UNHA FORMA SINXELA DE ENTENDER A FUNCIONALIDADE DUN WIKI.

No hay comentarios:

Publicar un comentario